quarta-feira, agosto 15, 2007

Verán Vermello


Pois si. Voume de vacacións a un sitio con difícil acceso a Internet, co cal este post tamén podería titularse "Verán Analóxico", que é o que vai ser, sacando, claro, o reproductor de mp3, o móbil e o DVD, pero iso non é tecnoloxía, son artigos de primeira necesidade.

Así que o Espello pecha ata setembro por descanso estival da Raíña, pero prometo volver con mais forzas, mais ciencia e mais vermella ca nunca (literalmente. Non vexades como me poño co sol).

Na miña ausencia encárgovos que me reguedes as flores parlantes e que me coidedes o taboleiro, non tardo nadiña. Un bico a tod@s ;)

Marcadores:

sexta-feira, agosto 10, 2007

Mais desvaríos alícicos


O Gato Violeta, unha superfriki que acualiza menos do que me gustaría, achégame outra interpretación sanguenta de Alicia, e outra da vosa vermella servidora, que me agrada particularmente. Aínda que nunca me queda claro se son eu ou a Raíña de Corazóns...



Son de Natascha Roeoesli, que ten un artblog que merece a pena visitar. Esta Raíña gústame, aínda que me temo que tampouco se parece moito a min. Alicia, dende logo, non se parece en absoluto.

Marcadores: , ,