Ideas en Bloque

Teño a miña propia teoría, seguramente errónea,
sobre o que ocorre con estas cousas. Eu chámoa a Teoría das Ideas en Bloque, por aquilo de darlle un aire platónico. As Ideas en Bloque postula que cando un concepto é expresado publicamente de xeito repetido como unha unidade convírtese nunha Idea en Bloque: é como un átomo, comportase como un todo e é teóricamente indivisible. Unha opinión non pode ser contraria ou favorable a unha parte reducida da unidade, esténdese e interacciona sempre co Bloque.
Exemplo de Idea en Bloque: Cando estaba quitando o carné de conducir, a miña instructora era de dereitas, e loxicamente tiñamos unhas broncas monumentais aínda que amigables (mais ou menos). A boa señora actuaba e falaba sempre dando por feito que eu era votante do PSOE, cousa que é absolutamente falsa. Para esta persoa, o concepto "ser de izquierdas", como ela dicía, funcionaba como unha idea en bloque, e servíalle para prever punto por punto o que ías opinar sobre cada tema. Equivocábase de cabo a rabo, claro.
O que implica as Ideas en Bloque é o ben que fan o seu traballo os medios de comunicación, sentando un estándar ideolóxico, que por suposto podes non seguir, pero que está aí como medida do razonable e moderado. As disensións respecto do estándar son doadamente encadradas nun dos Bloques. Aforro enerxético, que se chama.
Marcadores: Idas de olla, Varios