quinta-feira, setembro 18, 2008

Suicidio (I) : así non!!

Despois de tanto falar da fin do mundo, un xeito de morrer limpo, rápido e eficaz, lembrei que tiña pensado escribir un post co meu top ten de xeitos absurdos de suicidarse. Igual vos parece que é un tema demasiado serio para bromear sobre el, pero persoalmente son da opinión de que nada é demasiado serio para non facer bromas. Ademais, é realmente curioso o difícil que pode resultar quitarse do medio. A resistencia do ser humano é sorprendente.

1-Unha caixa enteira de protector gástrico: o único que vai pasar é que poderás comer toda a comida mexicana que che pete sen ter ardores.

2-Autoesganarse: case tan absurdo como deixar de respirar.

3-Saltar ao baleiro: eficaz dende un rañaceos, patético dende un entrechan.

4-Tirarse ao tren, fallar, romper un brazo e cabrearse porque non ven o helicóptero a buscarte (?)


5-Tomar unha caixa enteira de pastillas das chungas, colgarse, tirarse ao río... e que todo falle!! Ou realmente existe un plano divino, ou suspendiches psicomotricidade aos tres anos.

6-Meterse na bañeira co secador do pelo prendido. Demasiada tele.

7-Cortar as veas polo lado do brazo polo que non pasan veas.

8-Meter os dedos no enchufe. O meu favorito.

9-Tres trankimazines. E despois chamas ao 061 dicindo que tomaches... tres trankimazines. Botas unha sesta.

10-Meter a cabeza no forno. O de Sylvia Plath era de gas! Os fornos eléctricos deberían levar unha nota que puxera "Atención: este electrodoméstico non é apto para suicidios".

Marcadores:

sábado, setembro 06, 2008

O Apocalipse segundo a Raíña

Mario encárgame o meme mais difícil do mundo, the Ultimate Meme, sobre todo porque vai exactamente diso: que farías se o mundo se acabase mañá. Agardo non estar nunca nesa situación, pero por se acaso, non está de mais levar os deberes feitos.

1) Que canción che gustaría escoitar? Teño que escoller unha soa canción? Sería algo como o Aire da Suite n.3 de Bach, en plan tranquilo e optimista. O do Carmiña Furada que di Mario déixoo para cando sei seguro que non se vai acabar o mundo.

2) A que libro lle botarí­as un ollo? Unha vez mais, un só libro? Pois á Ilíada, concretamente á escena onde Héctor atopa a Andrómaca volvendo da batalla e xa sabe que van perder. Paréceme que lle pega á ocasión.

3) Con quen che gustaría falar? El@s sábeno

4) Que che gustaría comer? Madalenas! Encántanme as madalenas, e nunca as como por aquilo de engordar, cousa que pasaría a ser absolutamente irrelevante se se acaba o mundo. E café.

5) Que farías e que che queda pendente por facer? Tomarme un Valium (para contrarestar o café) e tratar de desfrutar as horas que queden, se pode ser acompañada mellor. En canto ao que me quedaría por facer, mil cousas. Tocar algo de Coltrane, escribir unha novela e descubrir algo importante que salve mogollón de vidas, por poñer tres. Igual isto último tamén da un pouco igual se se acaba o mundo.

E mándolle o encargo a Zerovacas, Feiranta o Moucho, e o Señor de Trasalba

Marcadores:

segunda-feira, setembro 01, 2008

And the Brillante Weblog goes to...

Fuji nomíname para o Brillante Weblog, o cal é toda unha honra para unha humilde peza de xadrez, aínda que nunca lle perdoarei que me collera de sorpresa, sen tempo tan sequera para vestirme de longo e desfilar pola alfombra vermella. Así que cumplirei a miña parte nominando a sete blogueiros para tan codiciado galardón.


1. Brillante Weblog á mellor fotografía: W. Sobchak, por CCCP
2. Aos mellores efectos especiais: O Pastor Eléctrico, por As Ovellas Eléctricas
3. Mellor Weblog estranxeiro (aínda que de realización nacional) : Arale, por Chirimbowling nos Lluesei.
4. Mellor banda sonora: Sergio '74, por Retropower
5. Ao mellor guión: A Doutora Seymour, por Meu dito, meu feito.
6. Mellor dirección: Mario, por O Porto dos Escravos, cartas dende a illa de Gorée
7. Brillante Weblog especial a toda unha carreira: Zerovacas, por Zero Vacas. A ver se volve xa de vacacións.

Marcadores: