segunda-feira, março 24, 2008

Brand New Pecados


Pois a min gustábanme mais os de antes, a verdade. Tiñan nome de xelado (gula, luxuria...) podías facer pelis interesantes como Seven e eran accesible para todo o mundo. Estes son pecados high class, non todo o mundo pode enriquecerse até límites obscenos ou provocar inxustiza social. Eu, que tiña o pleno nos pecados clásicos, resulta que nestes só teño un, e iso contando o café como droga. Síntome como se me cambiaran a colección de cromos cando xa a tiña case completa.

O mais estraño é que estes pecados novos parecen feitos polo seu mais acérrimo inimigo, ou cun cinismo fóra de todo límite. Non causarás inxustiza social? Non te enriquecerás? Semella que están a facer autocrítica, cousa que sabemos que é imposible.

En fin. Aquí está nova lista de pecados. Vou facer un par de manipulacións xenéticas ;)


Non realizarás manipulacións xenéticas.
Non levarás a cabo experimentos sobre seres humanos, incluidos embrións.
Non contaminarás o medio ambiente.
Non provocarás inxustiza social.
Non causarás pobreza.
Non te enriquecerás até límites obscenos a expensas do ben común.
Non consumirás drogas.

Marcadores:

quarta-feira, março 19, 2008

Agasallos (e II)



Para que vexades que ás veces tamén chegan agasallos chulos:)

Marcadores:

sexta-feira, março 07, 2008

O meme dos agasallos

Mándame Mario un convite-rescate para un meme que me permite actualizar por fin, nun momento falto de inspiración. Que se lle vai facer, non sempre está unha lúcida e estupenda :p

A cousa é falar dos peores agasallos que che fixeron na túa vida. Nisto, as tías témolo mais doado: as cotas de esperpento son inimaxinables. Aínda que como eu non fixen a comuñón coido que me salvei da peor parte. Aínda así, chégalle ben, e se non xulgade vós mesmos.

1. Pendentes. Este, mais que un mal regalo, que houbo de todo, é un regalo estúpido, tendo en conta que non teño as orellas furadas, e que este é un feito amplamente coñecido e comentado na miña familia. Algunha "agasallante" incluso se ofendeu cando llos devolvín. "Pues dile a tu madre que te haga los agujeros". Menos mal que non se lle ocorreu mercarme un vale por unha tatuaxe hard core.

2. "Leyendas de la España antigua" Alguén debeu de chivatearse de que me gustaba a mitoloxía, e semella que o sitio de Numancia entra dentro desa categoría. Nota: estrañamente, mais da metade das lendas incluían o elemento canibalismo(?)

3. Unha cadea con estampita da virxe. Non sei se era ou non a mala idea, ou unha discreta invitación a que volvera ao redil da verdadeira fe (no que nunca estiven).

4. Un diario. Non é que sexa un agasallo particularmente terrible, pero o grave é o agravio comparativo: por que aos rapaces lles regalan estilográficas superchulas e ás rapazas diarios con esa especie de nácar de pega por fóra?

5. Un tartaruga de baño. Eu tiña tres anos, e ENCANTÁBAME esa tartaruga. Descubrimos que era un mal regalo cando a tirei pola fiestra e me carguei un coche. A tartaruga saiu ilesa.

Por certo, este meme vai para o Gato de cor imposible, o Pastor, a Chairega, Roi Buligan e Curriolo (o teu primeiro meme!)

Marcadores: