sábado, novembro 22, 2008

Neurodoping

Hai unhas semanas topei con esta noticia na prensa, e levo dende entón dándolle voltas. Para os vagos que non abrides os enlaces: Jonathan Eisen, un biólogo estadounidense, lanzou á marea de Internet unha broma con moita chicha. Un suposto organismo oficial controlaría que os científicos non utilizaran sustancias dopantes que permitiran mellorar o rendemento intelectual. Segundo a noticia, un 20% dos cieníficos, nunha enquisa realizada por Nature, recoñecían tomar sustancias para incrementar a concentración ou diminuír a necesidade de sono.

Aínda que só sexa unha broma (pouco inocente, por outra banda) abre unha pregunta interesante. Por exemplo, tomar anfetaminas para un exame é igual que copiar? Pero se se descubrise unha sustancia que aumenta a intelixencia, esa intelixencia sería "de segunda"? Ou se cadra non unha sustancia, senón algún tipo de implante informático que funcione como unha ampliación de memoria? (Este post comeza a parecer unha ovella eléctrica).

En calquera caso, un 20% paréceme unha cifra ridícula. Eu estaría por asegurar que o 100% toman sustancias que melloran o rendemento, aínda que sexan megadoses de cafeína. É iso doping?

Despois de moito pensalo, teño a miña resposta, que non ten por que ser válida para ninguén mais: non é doping porque o coñecemento non é un deporte. Nas competicións deportivas, o único que está en xogo é a propia victoria, pero non se acada nada que sexa valioso en si mesmo. No que toca a ciencia, un descobremento pode cambiar a vida das persoas, e iso é valioso con independencia de quen (ou en que estado, ou con que axudas) o consiga. Velo como unha mera competición é pervertir por completo o sentido da investigación científica.

Marcadores:

domingo, novembro 16, 2008

Alicia Fashion

Lúa Neghra agasállame con estes modelitos virtuais, baseados nas pasaxes de Carroll. Non sei que foi o que lles fixo exactamente Alicia a estes señores para que a vistan así, pero vale a pena ver as diferentes interpretacións ás que se presta. Graciñas, Lúa ;)








P.D: a primeira tamén é de Annie Leiwobitz. A segunda é do inconfundible Lagerfeld e a terceira crin entender que era a Raíña Galliano. Se alguén recoñece aos outros deseñadores, agradecería a información.

domingo, novembro 09, 2008

Alice Leibovitz

Outra aproximación a Alicia, desta vez por parte da fotógrafa Annie Leibovitz, a quen teño especial apego, ademáis de polas súas fotos de actores Hollywoodienses, por ser parella de Susan Sontag. Quédome con Beyoncé e o Sombrereiro tolo, por suposto :p




Marcadores: ,