Marvin, Marvin...

O mais curioso da historia de Marvin é a súa morte, acribillado a tiros polo seu propio pai, crego dunha secta cristiá, a Casa de Deus. Por mais que busquei, non atopo por ningures cal foi a razón do asasinato, que foi calificado de "homicidio justificable" (?) Parece que Marvin tiña problemas graves coas drogas, e volveu á casa dos pais tratando de reordear a súa vida, pero ocorreu todo o contrario. Discutía continuamente co pai, tratou de suicidarse varias veces e ao final non lle fixo falla: matouno el.
Unha das cousas que poderían ter ocorrido é que o Reverendo Gay (que humor negro ten a vida), un integrista relixioso, non aprobaba a imaxe sexy e disoluta do fillo, que cantaba cousas como "o sexo é só sexo e o amor é amor". Se realmente foi así, debería servir como recordatorio de até que punto o fanatismo está disposto a defender a súa moral a punta de pistola. Só está agardando o momento.
Marcadores: Música