O Apocalipse segundo a Raíña

1) Que canción che gustaría escoitar? Teño que escoller unha soa canción? Sería algo como o Aire da Suite n.3 de Bach, en plan tranquilo e optimista. O do Carmiña Furada que di Mario déixoo para cando sei seguro que non se vai acabar o mundo.
2) A que libro lle botarías un ollo? Unha vez mais, un só libro? Pois á Ilíada, concretamente á escena onde Héctor atopa a Andrómaca volvendo da batalla e xa sabe que van perder. Paréceme que lle pega á ocasión.
3) Con quen che gustaría falar? El@s sábeno
4) Que che gustaría comer? Madalenas! Encántanme as madalenas, e nunca as como por aquilo de engordar, cousa que pasaría a ser absolutamente irrelevante se se acaba o mundo. E café.
5) Que farías e que che queda pendente por facer? Tomarme un Valium (para contrarestar o café) e tratar de desfrutar as horas que queden, se pode ser acompañada mellor. En canto ao que me quedaría por facer, mil cousas. Tocar algo de Coltrane, escribir unha novela e descubrir algo importante que salve mogollón de vidas, por poñer tres. Igual isto último tamén da un pouco igual se se acaba o mundo.
E mándolle o encargo a Zerovacas, Feiranta o Moucho, e o Señor de Trasalba
Marcadores: Varios