segunda-feira, dezembro 03, 2007

A cólera dos deuses.

Sabedes cal é o mito de Hipólito, verdade? Hipólito era un mozote grego que honraba moito a Artemisa e pouco a Afrodita (é dicir, ao que lle gustaba moito ir de caza con outros mozotes e moi pouco as rapazas, cada un que entenda como lle pareza), coa consecuencia, fácil de prever porque isto é unha traxedia, de que Afrodita se cabrea e decide facer que se namore da súa madrasta, Fedra, esposa de Teseo. Corolario: honra a tódolos deuses por igual.

AK meteume neste embolado, e eu deixeime. Facer unha lista dos teus dez discos favoritos? mellores discos de tódolos tempos? discos que mudaron o curso da historia da música? Algo así de enorme era. En fin, eu limitareime a facer unha lista dos dez discos que mais me gustaron, que mais veces puxen , aos que tiven que facer unha copia de seguridade porque os raiaba (de uso exclusivamente privado e pagando o meu canon, claro, como boa cidadá). E iso coas limitacións da miña memoria, que vai facer que en canto lle dea á tecla de "publicar" se me ocorran outros doce mil discos que debín meter.

Así que agora estou practicamente segura de que me vai acontecer algo terrible, porque seguro que, no meu despiste, deixei algún deus ou deusa do meu panteón privado sen honrar, e a cólera divina desencadearase sobre min. Por se acaso, lembrade, deuses: a culpa é toda todiña de AK.






Bach en estado puro por Glenn Gould, coñecido como o marlon Brando do piano (?) Xulgade vós mesmos o parecido.












Marvin. Non necesariamente este álbume, pero é que sae tan guapo...











Para que non digades que escollo pola portada :p Podería poñer o Kind of Blue, pero coido que escoito mais este, e ademais foi o primeiro que merquei de Miles, e fascinoume.












Odas a Sta. Icía, de Purcell. Por algunha escura e subcosciente razón, encántame a música relixiosa, e esta en particular. En especial ese Wondrous Machine (ou como demo se escriba)











O retorno ao blues, que nunca sobra. B.B.King e Eric Clapton.













Porgy and Bess é o concepto Kinder Sorpresa musical: algo novo, ópera e jazz, todo xunto. Este disco coido que si que o rallei, físicamente, o cal xa é difícil na era cd.












Billie. Todo Billie. Non podería escoller un só disco, e ademáis o concepto "álbume" non lle acae moi ben aquí, tería que ser un dos centos de recopilatorios. Así que me quedo co concepto Billie.









Antes de velos en concerto, gustábame, despois volvinme fan.














Poñer A love supreme é unha obviedade, pero non poñelo é unha blasfemia.














Esta foi a primeira ópera que merquei, e dende logo segue a ser "A" Traviata.




P.D e reedición: non sei onde teño a cabeza! Non pasei a encarga. Vai para Lourixe, Mario, O Gato Violeta e por suposto Retropower, a ver se é quen de poñer dez e non dez mil :p

Marcadores: