quinta-feira, setembro 18, 2008

Suicidio (I) : así non!!

Despois de tanto falar da fin do mundo, un xeito de morrer limpo, rápido e eficaz, lembrei que tiña pensado escribir un post co meu top ten de xeitos absurdos de suicidarse. Igual vos parece que é un tema demasiado serio para bromear sobre el, pero persoalmente son da opinión de que nada é demasiado serio para non facer bromas. Ademais, é realmente curioso o difícil que pode resultar quitarse do medio. A resistencia do ser humano é sorprendente.

1-Unha caixa enteira de protector gástrico: o único que vai pasar é que poderás comer toda a comida mexicana que che pete sen ter ardores.

2-Autoesganarse: case tan absurdo como deixar de respirar.

3-Saltar ao baleiro: eficaz dende un rañaceos, patético dende un entrechan.

4-Tirarse ao tren, fallar, romper un brazo e cabrearse porque non ven o helicóptero a buscarte (?)


5-Tomar unha caixa enteira de pastillas das chungas, colgarse, tirarse ao río... e que todo falle!! Ou realmente existe un plano divino, ou suspendiches psicomotricidade aos tres anos.

6-Meterse na bañeira co secador do pelo prendido. Demasiada tele.

7-Cortar as veas polo lado do brazo polo que non pasan veas.

8-Meter os dedos no enchufe. O meu favorito.

9-Tres trankimazines. E despois chamas ao 061 dicindo que tomaches... tres trankimazines. Botas unha sesta.

10-Meter a cabeza no forno. O de Sylvia Plath era de gas! Os fornos eléctricos deberían levar unha nota que puxera "Atención: este electrodoméstico non é apto para suicidios".

Marcadores: