Mmmmúsica!
Xa que me meteu nesta a señorita Mallou, vou pendurar axiña a miña lista de temasos luxuriosos, porque tododiós está poñendo as súas e despois voume repetir. Para min a luxuria é unha sensación fundamentalmente auditiva (aínda que todo axuda) así que isto da música venme como anel ao dedo. Antes ca nada, dicir que NADA do que vexades aquí vai ser nin REMOTAMENTE tan sexy como o vídeo de Gustavo Harvey, e non porque non o buscara, senón porque non o atopei. Que vos preste.1.Placebo. Special Needs. Para os días que precisamos algo especial.
2. Clapton. Layla. Para o día intenso. Este home é que ten un algo, aínda que estea vello. Non sei se será a voz ou o de slowhand...
3.Marvin Gaye. Sexual Healing. Para o día funky. Marvin tamén ten un puntazo tela. Atención ao vídeo.
4.Billie. Stormy Wheather. Para o día caloroso e húmido. Non podía faltar Lady Day.
5.Sigur Ros. ( ) Todo o disco, porque é deses que podes darlle ao repeat e deixar que soe toda a noite. Para tódolos días.
E lanzo a pelota aos seguintes tellados:
A Rapaza do Arco
O Pastor Eléctrico
Cambote
Moucho Branco
Fuji
Ala, amañádevos! :p
Marcadores: Vicios