Desplazamento cara o Vermello
O vermello é a cor da nosa era, no sentido máis amplo da palabra. Como a teoría relativista di que
o Universo non pode ser estático, que ten necesariamente que expandirse ou contraerse (unha especie de lei de Murphy universal, camiñamos sempre cara un cataclismo) para que as leis da física teñan vigor, resulta que nos alonxamos vertixinosamente dos nosos veciños inmediatos do bloque galáctico, do centro dun universo supermasivo e superpoboado cara os tranquilos barrios residenciais da periferia. E tódolos nosos veciños fan o mesmo.
Cando un obxecto se alonxa de nós, as ondas lumínicas que recibimos del e que nos permiten velo desplázanse lixeiramente cara o estremo vermello do espectro. Nalgún intre dun futuro lonxano, as galaxias comezarán o camiño contrario, xuntándose até o
Big Crunch final (ou inicial) e a súa luz cambiará, desplazándose cara o azul. A inmensa enerxía liberada pola explosión inicial esgotarase, e a forza gravitatoria (a forza azul) gañará a partida a favor da contración.
O
efecto doppler tamén se produce co son, e fai que cando un son se achega a nós, sexa cada vez mais agudo, e cada vez mais grave cando se alonxa (eu probeino cun neno e un fonendoscopio e tamén funcionou: o berro é mais agudo cando o fonendo se achega e mais grave cando se alonxa).
Que vai ocorrer cando entremos na era do azul, no momento no que as galaxias comecen a aproximarse? O tempo do revés, os vasos recompoñéndose no aire despois de romperse? Supoño que non, pero quen sabe? Se cadra a orde temporal non se invirta, pero iso afecte dalgún xeito as leis que rexen o Universo. É posible a vida na Era Azul? Polo de agora, desfrutemos da vida na Era Vermella.
Marcadores: Ciencia
Hopkins, a súa peli, a Raíña e o cine.
Este post debín colgalo hai quince días, pero estiven un tanto ocupada co meu cambio de sistema operativo e de ordenador (si, amigos, hai vida mais aló do Vista). Dígoo porque quería falar das últimas pelis de Cineuropa deste ano, e agora xa semella un pouco reseso, pero aínda así aí vai.
A primeira delas foi
Slipstream, de Anthony Hopkins, que me metín a ver literalmente de casualidade, porque ía ver outra que cambiaron :p Como a metade da peli, a xente empezou a marchar do Principal en masa, cousa que poucas veces vin, e namentres eu estaba gratamente sorprendida porque
sir Hopkins se estaba a marcar unha peli moi orixinal, con xiros inesperados pero ben tramados e unha inequívoca influencia de
David Lynch. O cal, para un señor de setenta anos non está nada mal. Que foi o que fallou? Eu vin onde non había ou os demáis non viron o que estaba vendo eu?
Ao día seguinte, pasoume exactamente o contrario en
Interview. A min pareceume unha peli sinxelamente entretida, sen máis, e á saída todo o mundo comentaba que era do mellor deste ano. Había unha mensaxe oculta que se me escapou? Estou empezando a pensar que ou ben teño un gusto moi raro para o cine ou que non teño gusto en absoluto.
O que demostra unha vez mais que nin a mais coidadosa escolla fai que acertes con tódalas pelis, e que ás veces as mellores son as que ves de reflís, sen moitas expectativasDe tódolos xeitos, se alguén mais veu
Slipstream por favor que me explique as súas impresións, porque estou realmente intrigada (o mellor, o trasunto de Bette Davis e a cafetería 100% Lynch).
Marcadores: Cinema
A cólera dos deuses.
Sabedes cal é o mito de Hipólito, verdade?
Hipólito era un mozote grego que honraba moito a Artemisa e pouco a Afrodita (é dicir, ao que lle gustaba moito ir de caza con outros mozotes e moi pouco as rapazas, cada un que entenda como lle pareza), coa consecuencia, fácil de prever porque isto é unha traxedia, de que Afrodita se cabrea e decide facer que se namore da súa madrasta,
Fedra, esposa de Teseo. Corolario: honra a tódolos deuses por igual.
AK meteume neste embolado, e eu deixeime. Facer unha lista dos teus dez discos favoritos? mellores discos de tódolos tempos? discos que mudaron o curso da historia da música? Algo así de enorme era. En fin, eu limitareime a facer unha lista dos dez discos que mais me gustaron, que mais veces puxen , aos que tiven que facer unha copia de seguridade porque os raiaba (de uso exclusivamente privado e pagando o meu canon, claro, como boa cidadá). E iso coas limitacións da miña memoria, que vai facer que en canto lle dea á tecla de "publicar" se me ocorran outros doce mil discos que debín meter.
Así que agora estou practicamente segura de que me vai acontecer algo terrible, porque seguro que, no meu despiste, deixei algún deus ou deusa do meu panteón privado sen honrar, e a cólera divina desencadearase sobre min. Por se acaso, lembrade, deuses: a culpa é toda todiña de AK.
Bach en estado puro por Glenn Gould, coñecido como o marlon Brando do piano (?) Xulgade vós mesmos o parecido.
Marvin. Non necesariamente este álbume, pero é que sae tan guapo...
Para que non digades que escollo pola portada :p
Podería poñer o
Kind of Blue, pero coido que escoito mais este, e ademais foi o primeiro que merquei de Miles, e fascinoume.
Odas a Sta. Icía, de Purcell. Por algunha escura e subcosciente razón, encántame a música relixiosa, e esta en particular. En especial ese
Wondrous Machine (ou como demo se escriba)
O retorno ao blues, que nunca sobra. B.B.King e Eric Clapton.
Porgy and Bess é o concepto Kinder Sorpresa musical: algo novo, ópera e jazz, todo xunto. Este disco coido que si que o rallei, físicamente, o cal xa é difícil na era cd.
Billie. Todo Billie. Non podería escoller un só disco, e ademáis o concepto "álbume" non lle acae moi ben aquí, tería que ser un dos centos de recopilatorios. Así que me quedo co concepto Billie.
Antes de velos en concerto, gustábame, despois volvinme fan.
Poñer
A love supreme é unha obviedade, pero non poñelo é unha blasfemia.
Esta foi a primeira ópera que merquei, e dende logo segue a ser "A"
Traviata.
P.D e reedición: non sei onde teño a cabeza! Non pasei a encarga. Vai para
Lourixe,
Mario,
O Gato Violeta e por suposto
Retropower, a ver se é quen de poñer dez e non dez mil :p
Marcadores: Música