Hopkins, a súa peli, a Raíña e o cine.
Este post debín colgalo hai quince días, pero estiven un tanto ocupada co meu cambio de sistema operativo e de ordenador (si, amigos, hai vida mais aló do Vista). Dígoo porque quería falar das últimas pelis de Cineuropa deste ano, e agora xa semella un pouco reseso, pero aínda así aí vai.A primeira delas foi Slipstream, de Anthony Hopkins, que me metín a ver literalmente de casualidade, porque ía ver outra que cambiaron :p Como a metade da peli, a xente empezou a marchar do Principal en masa, cousa que poucas veces vin, e namentres eu estaba gratamente sorprendida porque sir Hopkins se estaba a marcar unha peli moi orixinal, con xiros inesperados pero ben tramados e unha inequívoca influencia de David Lynch. O cal, para un señor de setenta anos non está nada mal. Que foi o que fallou? Eu vin onde non había ou os demáis non viron o que estaba vendo eu?
Ao día seguinte, pasoume exactamente o contrario en Interview. A min pareceume unha peli sinxelamente entretida, sen máis, e á saída todo o mundo comentaba que era do mellor deste ano. Había unha mensaxe oculta que se me escapou? Estou empezando a pensar que ou ben teño un gusto moi raro para o cine ou que non teño gusto en absoluto.
O que demostra unha vez mais que nin a mais coidadosa escolla fai que acertes con tódalas pelis, e que ás veces as mellores son as que ves de reflís, sen moitas expectativasDe tódolos xeitos, se alguén mais veu Slipstream por favor que me explique as súas impresións, porque estou realmente intrigada (o mellor, o trasunto de Bette Davis e a cafetería 100% Lynch).
Marcadores: Cinema